melloras

Lobios mellorará varias sendas para incrementar a accesibilidade

A Travesía de Lobios, que conduce á zona termal, será un dos puntos que se beneficie destes traballos de acondicionamento. 

O Concello de Lobios realizará varias actuacións en diferentes puntos do municipio co obxectivo de mellorar a accesibilidade e as comunicacións entre núcleos, así como promover as actividades ó aire libre. A Travesía de Lobios, que conduce á zona termal, será un dos puntos que se beneficie destes traballos de acondicionamento. 

Debido ó incremento da popularidade do sendeirismo, a iniciativa inclúe actuacións na senda peonil que une Bubaces con Torneiros. O mesmo acontecerá na ciclovía que transcorre entre Vilameá e Baños de Río Caldo. Son estes tres os principais lugares nos que o concello contempla realizar obras de mellora, se ben tamén se realizarán intervencións menores noutros puntos de Lobios. Así o acordou a alcaldesa, Mari Carmen Yañez, durante a reunión de traballo que matntivo coa Conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e coa delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira.

Te puede interesar