Un lume calcina parte da instalación da caldeira dunha granxa de animais de Vilar de Barrio

Ningún dos animais se viu afectado e ardeu unicamente a instalación da caldeira da calefacción no interior da nave

Un incendio que calcinou parte da instalación da caldeira nunha granxa de animais mobilizou na mañá deste martes aos medios de extinción na localidade ourensana de Vilar de Barrio.

Segundo informou o 112 Galicia, ningún dos animais se viu afectado e ardeu unicamente a instalación da caldeira da calefacción no interior da nave. Así o concretaron os bombeiros unha vez controlado e extinguido o lume.

Eran sobre as 9,00 horas deste martes cando o CAE 112 Galicia recibiu a alerta por un lume nunha granxa, situada no lugar dous Tesos, moi preto da localidade ourensana de Vilar de Barrio.

Enseguida, tras recibir á alerta, o 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Xinzo, Guardia Civil e a dos efectivos do GES de Laza.

Así mesmo, informouse da situación aos membros de Protección Civil de Vilar de Barrio, Laza e Sarreaus. O Servizo de Medio da Xunta de Galicia tamén foi informado polo persoal do 112.

Te puede interesar