Maleza ó lado das casas en Riodebodas

fotodenuncias_03-08-2020_5
A menos de cinco metros do beiril da miña casa, situada no lugar de Riodebodas 12, de concello de Paderne de Allariz, hai maleza nas fincas colindantes, que semella un explosivo no centro da aldea. Isto foi posto en coñecemento de Concello o pasado 4 de maio, pero ante o silencio municipal volvo a insistirlle en que se lle esixa aos propietarios que procedan a limpeza das citadas fincas o antes posible. Esta maleza representa un perigo para o citado núcleo de Riodebodas, dado que as vivendas están construídas de madeira e un lume ó seu carón terminaría por prender nelas e destruilas todas.

Te puede interesar