Imprimir

Manuel Carballeda: "O que máis me preocupa é a despoboación"

La Región | 30 de septiembre de 2018

Manuel Carballeda
Manuel Carballeda

Carballeda Ramos é o administrador de Empresa Montañesa, unha firma de Carballiño que é un referente no sector do transporte de viaxeiros por estrada.

Manuel Carballeda Ramos é o administrador de Empresa Montañesa, unha firma de Carballiño que é un referente no sector do transporte de viaxeiros por estrada. Nun contexto no que as rutas rurais van a menos, é partidario de misturar as concesións co servizo discrecional. Carballeda sostén, ademáis, que non todos os servizos se deben manter co criterio de rendabilidade económica, sinon tamén social. ¿O futuro? Cree que haberá alianzas.

¿Como definiría o momento actual da empresa?  

A empresa leva xa moito tempo coa vista posta no futuro, con intención de dar o servizo que en cada momento nos demandan os clientes, intentando dalo de xeito competitivo. 

¿Está sendo difícil dar esa cobertura de servizos? 

Cremos que en todos os sectores de actividade maduros, como o noso,  sempre é moi difícil conseguir eses obxectivos. É unha tarefa ardua pero nós en ningún momento escatimamos esforzos para estar ao nivel que esixen as demandas sociais. Para eso contamos cun personal que vimos formando e que cree na necesidade da mellora continua. Nese sentido estamos satisfeitos, ainda que somos coñecedores de que é necesario sempre seguir mellorando. 

¿Que proxectos de futuro están na súa cabeza?  

O futuro pasa no sector por adaptarnos aos requerimentos legais das novas esixencias da normativa de transportes, que emana dos regulamentos europeos relativos ao sector, en que esto se poida levar a cabo nas condicións que permitan a subsistencia de empresas como a nosa, que cremos que é a mellor fórmula para os nosos veciños e para o ámbito no que desenvolvemos a nosa actividade.

¿Por onde pasa ese futuro: polas concesións  de transporte regular ou por servicios á carta? 

O futuro é mixto, combinado. Debe haber rutas determinadas polas concesións e tamén de transporte á carta, que xa coincide esto con servizos discrecionais, que é unha área que vimos desenvolvendo dende hai tempo. Polo tanto isto ten moito recorrido, como a vida mesma. Creo que as empresas estámonos adaptando a esta realidade dende hai tempo. 

¿É deficitario facer algún servizo na provincia? 

Sin ningunha dúbida. Temos un rural que se está despoboando a pasos axigantados e creemos que hai servizos que non se poden ver coa perspectiva da rendabilidade porque cremos que, en colaboración coas administracións, deberíamos ofrecer os mínimos que permitan que esta despoboación non se acelere, que permitan o asentamento da poboación, que a xente poida seguir vivindo nos seus lugares naturais, alo menos cos servizos mínimos que se requiren. 

¿Como se consegue conciliar os intereses das empresas coa realidade social? 

É imprescindible unha relación estreita porque estou convencido de que como sociedade avanzada na que estamos, esto require mecanismos para mellorar e facer posible os servizos en zonas complexas coa dispersión xeográfica en Ourense. Para iso requírese da boa disposición de todas as partes implicadas. 

¿Mantén a súa empresa alianzas con outras para compartir servizos?  

Así é. Valorámolas de xeito positivo e isto pon de manifesto a boa disposición. En calquer caso, iso supón que as empresas sacrifiquen a súa autonomía en pro dun beneficio común co entorno no que nos desenvolvemos tendo en conta a poboación á que servimos. 

¿Que temos que interpretar cando vemos un autocar seu co rótulo de Alsa?  

Nese caso trátase de servizos que prestamos dentro da estratexia como empresa. Temos deseñada a empresa para que se adapte a todo tipo de servizos, entre eles os regulares no rural, o transporte escolar, o servizo de transporte escolar á carta e participamos en servizos de ámbito internacional. Eses son os que están personalizados, que están rotulados cos colores de Alsa neste caso, qué é a comerzializadora destes servizos internacionais. 

Iste é un sector moi dinámico. ¿Haberá compras ou fusións a futuro?  

O sector se leva movendo dende hai tempo. No seu momento estes movimentos tiveron lugar por abaixo, polas empresas máis pequenas. Iso supuxo unha reconversión brutal. A partir dos anos 90 cambiou e sin deixar de reconvertirse pola parte dabaixo, si que tuveron lugar outros movimentos na cúpula, nas empresas máis grandes. Sendo un sector pechado entraron outras empresas e fondos de investimento nas grandes. Polo tanto creo que esta tendencia seguramente non se pare. Eu non lle atribuiría máis importancia salvo a que poida ter de cara ao tipo de servizos que poidamos ter. É decir, eu miraría o prisma de que todo o que ocurra poida redundar nunha mellora dos servizos. Non digo esto sendo cortoplacista porque creo que debemos poñer a mirada máis adiante e en moitas ocasións o que poida interpretarse como o que é mais económico habería que ver cando nos pode durar. Os cidadáns necesitamos solucións a longo plazo, que sexan sostibles e viables, que non nos hipoteque. 

¿Vai a comprar algunha empresa?  

Nunca estuvemos pechados á posibilidade de mellorar, de ampliar pero somos conscientes das nosas posibilidades. Ao longo dos anos que levo como administrador xa se teñen feito algunhas compras. Si este fora o caso tamén estaríamos en disposición de abordar a situación para un futuro. Estou convencido de que somos percibidos como empresa de bo servizo e iso é o importante. 

Que lle preocupa máis, ¿envellecemento da poboación ou o incremento de custes no transporte?  

Sin duda o envellecemento porque o custe do gasóleo, que é importante na estructura de custes dunha empresa de transporte, ten solución. O envellecemento poboacional é algo que se nos escapa, é o maior problema porque eso significa quedar sin mercado.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/euro/manuel-carballeda-mais-preocupa-despoboacion/20180930121834826512.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons