Imprimir

Manuel Conde, alcalde de Vilar de Barrio: “Neste momento a prioridade é a saúde"

La Región | 01 de agosto de 2020

O alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde.
O alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde.

Logo de coñecerse a situación, cal será o protocolo a seguir en Vilar de Barrio?

Estar atentos aos casos positivos de covid que poidan xurdir e comprobar os círculos de contacto. Tamén colaborar coas autoridades sanitarias. Neste momento, a prioridade é a saúde. 

Plantexan pechar a administración local?

O que imos a facer é volver a atender aos veciños mediante cita previa. 

Que outras medidas se tomaron?

Pecháronse as piscinas e suspendeuse toda a actividade cultural e lúdica. Precisamente hoxe (por onte) tiñamos cine ao aire libre. Tamén o campamento. Todas as actividades estaban desenvolvéndose baixo estritas medidas de seguridade. 

Está localizada a orixe do foco?

Temos unha lixeira sospeita, pero non sabemos cal foi o camiño de entrada. En todo caso, dos positivos que hai ninguén veu de fóra. 

O persoal de atención a domicilio sempre seguiu as medidas de prevención?

Sempre. 

Como está levando a mañá?

Con sorpresa . Eu presenteime para ser alcalde e esta e unha labor que nunca pensei ter que desenvolver. Tocoume unha mala lotería.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/a-limia/manuel-conde-alcalde-vilar-barrio-neste-momento-prioridade-saude/20200801090235964193.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons