Monterrei

Unha máquina de encher, peza do mes no Museo de Verín

A peza está exposta na lareira tradicional do museo

O Museo Claustro Mercedario de Verín escolle unha das pezas da súa colección para destacala como Peza do Mes. A entidade cultural salienta que coa chegada de febreiro, "un tempo no que moitos aínda están no proceso de elaboración dos embutidos das matanzas", a peza escollida foi unha antiga máquina de encher cuxo papel era fundamental nestas labores.

Esta peza foi cedida por Raúl Lamas Rodríguez, "sendo a primeira peza cedida por un particular para o enriquecemento e conservación antropolóxica da comarca", sinala unha nota do museo. 

A peza está exposta na lareira tradicional do museo, nun ambiente que a contextualiza "e que axuda ao visitante a retomar a morea de cheiros, sabores, sons e texturas que teñen no seu maxín todos aqueles que tiveran a sorte de participar nunha matanza tradicional do pasado século". 

Doutra banda, na liña que segue toda a exposición do Museo Claustro Mercedario de Verín, "búscase achegar aos máis novos a unha realidade da que moitos están afastados en tempo e espazo". 

Te puede interesar