ENTREVISTA

Marisol Díaz: "O rural foi o sector polo que puidemos manternos durante o confinamento"

Marisol Díaz lidera a lista do PP en Ourense (JOSÉ PAZ).
photo_camera Marisol Díaz lidera a lista do PP en Ourense (JOSÉ PAZ).
Marisol Díaz, a número 1 dos populares pola lista provincial, defende a actuación na pandemia, as medidas no ámbito sanitario e as actuacións no mundo rural, tan importante en Ourense

Defenden o Goberno. Tras 11 anos con Feijóo liderando a Xunta de Galicia, o Partido Popular quere máis. Tamén Marisol Díaz, a número 1 dos populares pola lista provincial. Defende a actuación na pandemia, as medidas no ámbito sanitario e as actuacións no mundo rural, tan importante en Ourense. Argumentos, apunta, para lograr outra vez a confianza do electorado.

Cales son os compromisos do PP con Ourense?

Os plans a curto prazo veñen dados pola situación que acabamos de vivir e que nos van  marcar un tempo desconocido, un futuro incerto en canto a enfrentar esta situación. Empezáramos unha precampaña, e tivémola que interrumpir dadas as circunstacias das que todos somos coñecedores.

Serán especialmente importantes as medidas sociais?

Os momentos que veñen van estar marcados por iso. Xa empezamos cando o tema sanitario comezou a estar controlado con plans de reactivación económica, hai que recordar eses 132 mortos, os máis de 2.000 enfermos da provincia… pero hai que facer especial fincapé nos autónomos e as empesas que están a pasalo mal. Iso deriva en que o teu traballo ten que cambiar de dirección e tratar de buscar solucións como estas cunha reactivación económica e con plans a nivel social. Hai que apoiar a tarxeta monedero, os menús solidarios, aumentáronse as horas de servicio ao fogar, Xantar na casa….

Con respecto ao sector rural, do que moito se falou, que podemos sacar en claro do feito e do que queda por facer nos vindeiros anos?

O rural foi o sector gracias ao cal puidemos manternos durante os meses que estivemos confinados. A activación do rural fíxose a través de infinidade de medidas de apoio como o anticipo da PAC, que se cobra normalmente en outubro. Os agricultores e gandeiros viron que moitas das súas producións non saían e aí estivo precisamente a Consellería de Medio Rural para poñer en marcha iniciativas como Mercaproximidade para dar produtos a comedores sociais e albergues. Fumos traballando a medida que as circunstancias o impuñan.

Como se pode impulsar a economía provincial? 

Hai que falar de comercio, turismo e servicios. Co plan Reactiva pretendemos chegar a 27.000 beneficiarios porque necesitan poder abrir a súa persiana e adaptar os seus locales a esta nova situación. Sobre todo tamén para esa información que eles tiveron que poñer neses negocios para garantizar a nosa saúde. En definitiva, o traballo da Xunta neste momento está centrado na recostrución do país e na recuperación da senda económica que tiñamos en febreiro. Eramos a segunda comunidade autónoma onde menos creceu o paro, superábamos o millón de afiliacións. Había 44 postos de traballo xerándose ao día.

A sanidade foi un dos motores fundamentais para rescatarnos desta crise, e tamén un dos que máis a sufriu. Como avalía as actuacións da Xunta neste sentido?

O tema da sanidade… Estou segura de que foi bo, e así se puxo en valor incluso dende o Goberno central. O Ministerio de Sanidade ten un barómetro no que fala ben deste sistema e os seus profesionais, tamén porque quizáis chegou a pandemia cunhas infraestruturas renovadas como pasou en Ourense co hospital novo, con ese anuncio da ampliación e reforma integral do Nai, de centros de saúde novos como o do Couto ou o de Paderne de Allariz e Pereiro. Dende o ano 2009 son moitos os centros construidos, reformados e ampliados.

E os profesionais?

No tema dos profesionales, a raíz da pandemia, alá por finales de febreiro, xa foros contratados os primeiros 60 sanitarios, aproximadamente polo 1 de abril, 135 médicos, despois 141 pero tamén psicólogos, radiólogos e enfermeiras. Neste momento aí están esas 1.700 persoas que reforzaron o sistema sanitario e que teñen que seguir porque non sabemos o que pode ocorrer.

Tamén a educación se viu claramente prexudicada pola pandemia e houbo que poñer en marcha moitos protocolos e pensar en alternativas.

Na educación tamén houbo cambios, mira o final de curso que tivemos. Agora estamos a traballar da man das indicacións xerais do goberno do Estado. Recordo de cando estaba no 2009 de xefa territorial de Educación, que este é un mes crucial na preparación do inicio do vindeiro curso, aproximadamente a 15 de xullo hai que ter o catálogo do profesorado, as infraestruturas preparadas, aínda que as obras se realicen en verán. Niso estamos neste momento. Traballamos nun futuro incerto, pero é verdade que nesta escolarización nótase un repunte de trasbase de alumnado de zona urbana ao rural en centros como Sarreaus, Sandiás… que indica que a xente se está indo ao rural debido a situación da pandemia ou tamén porque se está facendo o rural máis atractivo.

As políticas sociais son as que parece que van ter que marcar o futuro inmediato e máis a longo prazo tras estas estranas circunstancias que nos tocaron vivir. Como traballar nese sentido?

Estase traballando moito para estar ao carón das familias e apoiar a conciliación. Dende que somos nenos, cando pasamos por mozos e ata que chegamos a maiores. Tocamos todos os puntos. Dende que somos nenos coas 2.500 novas prazas públicas de educación infantil, que se traducen en 860 en Ourense, con 5 escolas infantís novas dende 2009. O mesmo modelo se trasladou aos maiores, o que damos é seguridade e confianza.

Te puede interesar