CARBALLIÑO

Maside e Boborás cambian a led a súa iluminación

A Almuzara é un dos pobos que terá iluminación led.
photo_camera A Almuzara é un dos pobos que terá iluminación led.

Os dous municipios intervirán en 16 pobos que son os que gastan máis en electricidade

Os concellos de Maside e Boborás renovan as iluminacións públicas gracias as axudas concedidas polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) dependente do Ministerio para la Transición Ecológica. Concretamente no caso de Maside recibe 103.000 euros para intervir en varias zonas do municipio. 

O proxecto consiste nunha actuación en máis de 300 puntos de luz existentes na que se substituirán as actuáis luminarias por led, moito máis eficientes. Asemade este cambio irá acompañado da instalación de sete cadros de mando e medida monofásicos. Con esta actuación, afirma o rexedor municipal José Manuel Iglesias, "vaise diminuír a potencia de 36,10 kW a 10,90 kW e imos conseguir un aforro enerxético estimado do 80%".

Algunhas das localidades que recibirán esta actuación son O Mato, Bouzas, Garabás, As Quintás de Piñeiro, Canedo, San Paio, O Bolo ou A Carreira de Louredo. E para seleccionalas tivéronse en conta as diversas características das instalacións cuxa renovación permitise conseguir o maior aforro posible.

En Boborás, a inversión é de 122.000 euros, e realizarase o cambio en 264 puntos de luz das localidades de Salón, Iglesario de Albarellos, Paredes, Almuzara e Cameixa. Según a portavoz do goberno local, Patricia Torres, "naqueles pobos onde é máis grande a factura da electricidade".

Te puede interesar