cole a cole

Maxistral clase de historia

Alumnos de Franciscanas.
photo_camera Alumnos de Franciscanas.

Dun xeito ameno e participativo os escolares de Franciscanas reforzaron coa actividade o aprendido na aula

O grupo de escolares do colexio Divina Pastora "Franciscanas" participaron na actividade acompañados polo seu profesor de Historia, Gonzalo Sánchez, quen buscou facer coincidir esta actividade fóra do centro co estudo da Idade Media, neste caso as artes románico e gótico, na aula. Deste xeito completouse o temario da aula dun xeito dinámico e atractivo. "Chegaron a ver sobre o terreo o explicado na clase, que mellor libro!", comenta encantado o profesor.  O que máis lle chamou a atención aos escolares foi ser testemuñas dunha verdadeira clase de historia caracterizada de forma maxistral polos actores convidados. Tamén lles gustou moito a dinámica dos xogos, as pistas e os documentos que manexaton durante a visita. Por último, tamén destacaron as cancións que ensaiaron e a procura das figuras nos capiteles do claustro. Foi así unha experiencia magnífica onde o alumnado aprendeu e se motivou desde o primeiro minuto.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar