A Mesa pola Normalización Lingüistica denuncia os ataques de Jácome ao Galego

Manuel Carnicero afirma "é unha mensaxe de autoodio, un exemplo de desprezo polo propio da principal referencia institucional da cidade"

A Mesa pola Normalización Lingüistica denuncióu os continuos ataques á lingua galega realizados polo alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome, desde a súa toma de posesión.

As declaracións realizadas no pregón das Festas de San Francisco recollidas por La Región nas que afirma "“vamos a hablar en español, que se entiende mejor que el gallego", son seundo a Mesa "vergoñentas e impropias do máximo representante da terceira cidade galega".

Engaden no seu comunicado que "O rexeitamento da lingua galega como sinal máis característico de Ourense, unha das principais capitais galegas”, o responsable da Mesa en Ourense, Manuel Carnicero, “é unha mensaxe de autoodio, un exemplo de desprezo polo propio da principal referencia institucional da cidade”. “Se actúa así nalgo tan básico e elemental como a lingua”, pregúntase, “como será no resto de cuestións que afectan á cidadanía?”.

A denuncia desta mostra de odio á lingua galega está a ser tramitada a través do servizo A Liña do galego, que xunto á Valedora e a Secretaría Xeral de Política Lingüísitica, se dirixirá directamente á propia alcaldía para que a rectificación teña consecuencias prácticas a través do cumprimento das obrigas de promoción e defensa da lingua galega á que están obrigados todos os poderes públicos de Galiza.

Te puede interesar