campaña electoral

Miguel Carmona pide apoyo en Celanova para recuperar la economía

Julio Vázquez, Antonio Miguel Carmona y Álvaro de Castro.
photo_camera Julio Vázquez, Antonio Miguel Carmona y Álvaro de Castro.

O concelleiro do PSOE en Madrid respaldou ao candidato de Celanova

O exportavoz do PSOE en Madrid e actual membro do pleno da corporación municipal da capital de España, Antonio Miguel Carmona, participou onte nun almorzo informativo organizado polo PSdeG-PSOE de Celanova e no que tamén estiveron presentes o candidato á alcaldía da vila, Julio Vázquez, e o número tres da candidatura, Álvaro de Castro. Baixo o lema "primeiro obxectivo do goberno socialista: recuperar a economía de Celanova" os poñentes departiron sobre diferentes modelos económicos.

Abriu o acto o candidato á alcaldía, Julio Vázquez, que fixo referencia ao punto económico do programa. "É a nosa principal preocupación e o noso primeiro obxectivo", sinalaba o candidato que tamén apuntaba a que "Celanova non é unha illa que se librou da crise, pero a nosa percepción é que a crise neste concello é permanente".

 Antonio Miguel Carmona quixo comezar a súa comparecencia cun simil: "A provincia de Ourense e Celanova recórdanme a unha película sobre a corrupción española, "El Reino". O reino que é aquel lugar no que o poder se herda de pais a fillos, tal e como acontece en Ourense". A súa vez o actual membro da corporación socialista en Madrid fixo tamén referencia a José Luis Baltar e apuntou que "digo delincuente, arriscándome a unha querella porque José Luis Baltar foi condenado por un xulgado por prevaricación, polo que non hai nada que debatir".

Antonio Miguel Carmona quixo facer un chamamento en Celanova a acabar co "caciquismo na provincia de Ourense, algo que a miña familia viviu nas súas carnes en Andalucía e Salamanca". Tamén quixo lembrar que "o problema do caciquismo é que impide o desenrolo das nosas terras, das nosas xentes, das familias e do país".

Te puede interesar