residentes de verano

"A miña terra a levo sempre no corazón sempre pois aquí teño a toda miña familia"

María del Carmen Blanco.
photo_camera María del Carmen Blanco.

María del Carmen Blanco Gayoso, aínda que naceu nunha pequena aldea próxima a Ourense, ten a súa vivenda en O Barco de Valdeorras. De aquí, emigrou a Suiza, onde, aos seus 55 anos,  xa pasou máis da metade da súa vida.

Cando se marchou fóra de O Barco?

Estou traballando en Berna, na capital de Suiza. Xa son 33 anos os que levo alí, pasei máis alí que na miña terra.

Bota de menos O Barco?

Moitísimo de menos. A miña terra sempre a levo no corazón. Teño toda a familia aquí e se bota de menos, por moi ben que estés alí. Quizás, económicamente, estás mellor alí, anque os últimos tempos xa non son como os primeiros, mais sempre levas a túa terra no corazón.

Que quere dicir ao referirse aos últimos tempos?

Antes eran un pouquiño máis permisivos e agora fannos pagar por todo. Penso que o que pasa é en xeral, non só cos emigrantes, mais quenes emigramos mantemos dúas casas.

Que é o que máis bota de menos?

Soamente o respirar os aires da nosa terra xa te enche, mais o que boto moito de menos é a familia. A miña outra familia, pois o meu marido e os meus fillos tamén están en Suiza. Aquí teño a mamá, aos meus irmáns e ás cuñadas. A familia é o que máis boto de menos.

A que dedica o tempo en vacacións?

O dedico á miña hortiña e aos meus animais. Son unha gran amante deles e tamén paso o tempo coidando á mamá, traballando pola horta, co meu perro, cos gatiños.

Como a reciben os veciños, nas vacacións?

Non teño moitos veciños. Teño unha por riba e moi ben. Outros que están de vacacións. Moi ben, encantada.

É moi diferente a vida en Suiza da de aquí?

Si hai diferencia na vida. O español é moito de saír a tomar o café e esas cousas. Alí tamén se sae a tomalo, mais non tantas veces como aquí.

Te puede interesar