política local

Moción de Xinzo Adiante para crear carriles "bici"

Entenden que é "unha proposta fácilmente realizable para que se precisa un investimento  económico en infraestruturas".

A formación veciñal de Xinzo Adiante vén de rexistrar unha moción para elevar a pleno no que insta ao Concello da localidade a pór en marcha un ambicioso programa de implantación de roteiros seguros para montar en bicicleta pola vila.

Solicitan que "se contemple a creación de carrís bici noutras zonas de Xinzo, tales como o paseo á beira do río ou a estrada de Baronzás, e crear unha rota de carrís bici para desprazarse ata os CEIP da vila". Entenden que é "unha proposta fácilmente realizable para que se precisa un investimento  económico en infraestruturas".

Te puede interesar