EVENTO

Os mouros e cristiáns volven a enfrontarse en Rairiz de Veiga

OURENSE 20/09/2018. Presentación Romaría da Saínza en la sala de juntas de la diputación asisten: Rosendo Fernánez, Josefa Asunción Morgade, Julio Domínguez y Ana Miguez .Iago Cortón
photo_camera Julio Domínguez, Ana Belén Míguez, Rosendo Fernández e Asunción Morgade, no Pazo Provincial.

A histórica Romería da Saínza, que cumpre 175 anos, regresa hoxe cun completo programa festivo

A conta atrás para unha das festas máis agardadas na comarca limiá rematou. Rairiz de Veiga volverá a vibrar esta fin de semana co combate entre mouros e cristiáns que se ven celebrando dende 1840 e que cada ano logra reunir na Saínza a máis de 20.000 visitantes. Co obxectivo de bater esta marca, tanto o Concello como a organización -apoiados pola Deputación ourensá- prepararon unha extensa programación para estes días que, ademáis, inclúe algunhas novidades e numerosas actividades para os máis pequenos.

Para presentar o cartel de actos que darán comezo hoxe, ás 13,00 horas cunha descarga de bombas, a alcaldesa da localidade, Asunción Morgade, desplazouse ata Ourense. Alí, da man de Rosendo Fernández -vicepresidente da administración provincial- de Julio Domínguez e Ana Belén Míguez -de Amigos da Romaría da Saínza- falou do que se poderán atopar os visitantes que nestes tres días se acheguen a Rairiz.


Programación da festa


Logo da descarga das bombas, que marcarán o inicio do evento, haberá xogos populares a partir das 17,00 horas no campo da festa e unha representación do combate entre mouros e cristiáns con monicreques, a continuación. Ás 19,30 horas serán as mulleres do concello as protagonistas da obra de teatro "Rúa tranquilidade" para dar paso, ás 21,00 horas, a un espectáculo de humor e de maxia internacional. Pola noite tamén haberá actuacións musicais.

Na xornada de mañá, que arrancará ás 12,30 horas cunha quedada de músicos tradicionais no campo da festa, terá lugar, a media tarde, a séptima edición de "O meu primeiro combate de mouros e cristiáns" no campo do castelo. Logo da procesión será a quenda para a música e, ás 23,45 horas será o asalto ao Castelo por parte dos mouros.

O domingo haberá unha descarga de bombas de palenque ás 11,00 horas e, ás 12,00 horas, será o pasarrúas a cargo da Escola Provincial de Gaitas da Deputación. Ás 13,00 horas celebrarase o combate central no campo do castelo.

Te puede interesar