XORNAL ESCOLAR

"Mulleres que cambian o mundo" da a vitoria aos escolares do Otero Pedrayo

20180611124812625_result
photo_camera O grupo de escolares acompañados pola súa profesora Mercedes López.

O traballo dirixido por Mercedes López alzouse co primeiro premio da súa categoría

Orgullosa do traballo e do esforzo dos seus alumnos. Así se sinte Mercedes López, a profesora que dirixiu o traballo gañador de 6º de Primaria do concurso Xornalistas na Escola. 

Para elaborar o traballo xornalístico "Mulleres que cambian o mundo", o primeiro que fixeron foi seleccionar as catro mulleres, de entre máis de 50, que protagonizaron o seu xornal. Despois repartíronse en catro grupos, cada un investigou sobre a biografía dunha delas, resumiron a información máis relevante e realizaron os debuzos. Cada grupo ademais presentou toda a información recopilada ao resto dos compañeiros e así todos adquiriron coñecementos sobre estas catro mulleres que cambiaron o mundo. 

Deste xeito, o traballo gañador da categoría de 6 de Primaria buscaba destacar o papel da muller ao longo da historia e na actualidade, así como o espírito de superación de forma que os escolares sexan conscientes que "querer é poder". 

Outro dos aspectos importantes da elaboración deste xornal foi traballar en equipo, algo fundamental para o éxito do resultado final e para a formación do alumnado. 

Deste xeito, este grupo de escolares que están a piques de rematar a súa etapa no centro, deixan o colexio cunha gran satisfacción por este novo éxito acadado. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma