RECONOCIMIENTO

O Museo Claustro convoca un premio de redacción

Un grupo de escolares de Verín, durante a súa visita ao Museo Claustro na praza da Mercé.
photo_camera Un grupo de escolares de Verín, durante a súa visita ao Museo Claustro na praza da Mercé.

A temática versará sobre as exposicións "Aves de Galicia" e "Bolboreta Monarca" que, actualmente, se poden visitar na mostra verinesa.

O Museo Claustro Mercedario celebrará o Día Internacional dos Museos convocando un premio de redacción no que poderán participar os escolares da comarca de Monterrei, dende segundo de Primaria ata cuarto da ESO. A temática versará sobre as exposicións "Aves de Galicia" e "Bolboreta Monarca" que, actualmente, se poden visitar na mostra verinesa. Mais concretamente, os participantes terán que vincular as intervencións perniciosas do ser humano no seu hábitat e de que maneira afectan á natureza. Un dos exemplos é a aparición da bolboreta monarca en Galicia, trala súa migración dende Canadá, e que nalgunhas ocasións se solta irreflexivamente en bodas e banquetes con carácter ornamental. 

O premio será unha cámara réflex de alta calidade para fotografar a natureza. Os orixinais poderán enviarse ao correo [email protected] ata o 15 de outubro.  Por outra banda, dende o Museo de Verín veñen de celebrar as 22.500 visitas que se rexistraron dende a súa apertura, hai preto de dous anos.

Te puede interesar