CULTURA

O Museo de Verín amosa nas redes a súa colección

Unha parte da exposición A Lareira, que se atopa nas instalacións do Museo Claustro Mercedario.
photo_camera Unha parte da exposición A Lareira, que se atopa nas instalacións do Museo Claustro Mercedario.
Con esta proposta, que xa está en marcha, estanse a realizar diversas publicacións nas redes sociais do espazo coas que se pretende achegar ao público e á veciñanza a historia de cada utensilio

Co obxectivo de xerar un foro de debate, recuperar a nomenclatura antiga da contorna e facer máis amena a corentena na comarca de Monterrei, os responsables do Museo Claustro Mercedario de Verín irán amosando, unha por unha, as pezas da colección A Lareira. 

Con esta proposta, que xa está en marcha, estanse a realizar diversas publicacións nas redes sociais do espazo coas que se pretende achegar ao público e á veciñanza a historia de cada utensilio. Búscase, do mesmo xeito, fomentar a participación dos usuarios para que compartan, a través dos seus comentarios, dende o nome que recibía cada obxecto na súa localidade de orixe, ata calquera anécdota que desexen dar a coñecer.

Deste xeito, o Museo Claustro poderá continuar coa súa actividade divulgativa dunha maneira virtual, involucrando aos veciños na defensa do patrimonio. Cada luns, entre os usuarios que comentaran a semana anterior algunha destas publicacións aportando datos, o Museo de Verín sorteará exemplares de "Historia de Verín en 100 obxectos".

Te puede interesar