AULAS ABERTAS

A natureza toma as pantallas

Os alumnos de Franciscanas len as novas máis destacadas do xornal La Región.
photo_camera Os alumnos de Franciscanas len as novas máis destacadas do xornal La Región.
O Xornal Escolar de Telemiño aproveita a visita á horta da Aula de Oira para falar do coidado da terra

As hortas serán as grandes protagonistas do programa Xornal Escolar de Telemiño desta semana. Ademais de acompañar ós alumnos do Divino Maestro na súa visita á Aula da Natureza de Oira para participar na actividade de hortas de outono e inverno, os propios mozos participan tamén na sección Latricar para falarnos das hortas da súa familia. Deste xeito, os estudantes ourensáns contaránlle ós telespectadores como son as terras que traballan os seus seres queridos, que tipo de verduras e hortalizas producen nelas, as épocas nas que máis se traballan e as lembranzas que eles mesmos teñen do traballo das súas terras familiares. 

A natureza estará presente tamén na segunda reportaxe do programa, que volve ter a Aula da Natureza como escenario, aínda que neste caso cos nenos do colexio Luis Vives como protagonistas para participar nunha actividade de reciclaxe. 

Prensa

Como é costume cada semana no Xornal Escolar de Telemiño, un grupo de alumnos enfróntanse ó xornal La Región para explicarnos as novas máis salientadas dos últimos días, así como a súa visión sobre o que acontece no mundo. Neste caso, seis estudantes de Franciscanas serán os encargados de trasladarnos a actualidade dende un punto de vista moi particular.

Escola de familias

A pediatra Olga Fernández, de Cosaga, ofrecerá unha serie de consellos sobre como actuar no caso dun atragantamento en bebés menores de un ano para que os pais ou as persoas encargadas do seu coidado saiban reaccionar.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?