Imprimir

Os nenos da Bola celebran a véspera do Día das Letras Galegas

La Región | 10 de mayo de 2019

A actividade contará coa presenza dun contacontos e incluirá obradoiros e xogos lúdicos e educativos

"Encontro en galego" é o título da actividade coa que o Concello da Bola celebrará o Día das Letras Galegas. Será o xoves, día 16, na véspera da propia xornada de conmemoración da lingua e desenvolverase a partir das 17,30 horas. Nese momento, os nenos da contorna poderán participar nunha iniciativa que contará coa presenza dun contacontos e na que, ademais, compartirán xogos e obradoiros lúdicos e educativos coa lingua galega como fío conductor de tódalas propostas. 

Esta actividade conmemorativa do Día das Letras Galegas celebrarase na biblioteca pública municipal, situada no núcleo de Veiga, fronte á casa consistorial. Os interesados en participar deberán inscribirse previamente antes do mércores, día 15. Para formalizar a inscripción, os participantes poderán chamar ós teléfonos do Concello (988 45 12 93 ou 604 03 79 52), así como enviar un correo electrónico ó enderezo [email protected]

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/celanova/nenos-da-bola-celebran-vespera-do-dia-das-letras-galegas/20190510220205871027.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons