Opinión

O maldito 40%

MeteoGalicia. A previsión do tempo para o sábado, 9 de xuño, para o concello de Cartelle era dun 80% de posibilidades de chuvia. Claro, así é imposible sulfatar a viña; seguro que chove! Empezou a chover a iso das oito da tarde. Ocasión perdida. MeteoGalicia. A previsión do tempo para o luns, 11 de xuño, era dun 40% de posibilidades de chuvia. Ou sexa, que nada. Malo será que non sulfate! Así é que correndiño para a viña para rematar canto antes, a ver se collía suficiente marxe de tempo para, se se lle dese por chover, que non lle afectase xa nada a auga. 

O tanque de 300 litros xa estaba preparado do día anterior (xa intuía que andaría a marchas forzadas por culpa dunha presunta chuvia), polo que preparei os 600 gramos de Ridomil e nun dicir amén xa tiña o tractor no medio da viña “para darle marcha al cuerpo”. Só puiden desenrolar exactamente dúas cuartas de mangueira porque axiña berrou a muller de que parase, que empezaba a pingar. O maldito 40%! Non obstante, aínda confiei nas previsións. Porque desde que consulto e me mandan o tempo ó móbil e cada vez que poñen o 40%, nunca chove. Menos o día en que estaba desesperado por sulfatar. Porque o mal xa está aí. Maldito 40%!

Te puede interesar