Opinión

O outro Entroido. A gabardina

O mesmo Gonzalo Peláez, outro Entroido nun dia chuvioso, por aqueles anos, ocorréuselle disfrazarse, sempre coa cara descuberta, cunha gabardina moi folgada que lle chegaba ata os pes. En lugar de botóns levaba  grandes pasadores (cerroxos de ferro de dúas pezas que se usa para pecha-las portas) , cosidos na parte dianteira e nos bulsos laterais da gabardiña. Desa maneira  chegou ó Café Imperial e a persoa que estaba no mostrador, serio, coma sempre, pídelle un café con leite. Tómao e, o acabar, dille: "Qué che debo?”. O decirlle o importe, disponse a pagar. Bota man o pasador do bulso dereito e, con forza: ¡Zas….zas….! soa o pasador. Mete a man e sácalla vacía. Logo bota man os pasadores dianteiros, comezando por enriba, e . fai o mesmo co seguinte, e co terceiro. Unha vez aberta a gabardina, mete a man no bulso, saca unhas moedas e paga. A persoa que está no mostrador e os presentes están sorprendidos co que están vendo. Acto seguido saca unha aceiteira, daquelas que tiñan nos talleres mecánicos, que se lle calcaba cun dedo para que botara o aceite e  engrasa ven os pasadores. Despois de gardala repite a faena pechando con gran forza cada un dos pasadores. E todo elo cunha seriedade e naturalidade que o facía moi gracioso. O que fixo que quedáramos uns mirando cara os outros partíndonos coa risa.   

Te puede interesar