Cartas al director

Obituario: José Antonio Lamas

Compañeiro de fatigas carlinas. Marchaches sin avisar e que sin que ninguén sospeitara o teu viaxe cara ese Ceo -con maiúscula- ó que te fixeches merecente. Porque fuche sempre leal aos nosos Ideais e xeneroso como o primeiro.

Túa axuda pra o noso Partido Carlista era a primeira e máis xenerosa de todas, eiquí na nosa GAlicia. ¡Cántos viaxes fixemos!: Montejurra, Alcobendas (Madrid ), Compostela... pra que seguir. Lémbraste cando viñamos no coche cama cara a nosa Terra: Ti por baixo eu enriba. E xa durmidos despertácheme porque a policia andaba a búsqueda duns etarras que cometeran aquela tarde en Madrid una atentado... A min deume un sorriso e díxelle ó funcionario das forzas do orde: "Pero vamos a ver: Vostede viunos cara de terroristas. Deixenos a durmir que imos pra Galicia".

Tantos recordos. Como o de fai un ano que en Compostela Don Carlos Javier de Borbón-Parma impúxoche a Cruz de Cabaleiro da Orde da Lexitimidad Proscrita. E que orgulloso estabas, pois eras merecente de tal distinción. Non como algún outro -sempre hai un Xudas- que nos traicionou. E dixeches: "Pois co seu pan o coma".

Ata logo benquerido amigo e compañeiro de tantas fatigas en defensa dun Ideal que se define pola decencia.