Cartas al director

Obituario | O Roberto do Olegario

Cando faltan poucos días para o aniversario do pasamento de Olegario Soto (será o vindeiro día 11), unha nova volta a sementar de loito o Concello de Nogueira.

Unha chamada de teléfono o sábado a mañá fixome conxelar a ialma.Roberto Soto, o Roberto do Olegario,  aparecía morto na súa casa.

Un amigo, un compañeiro de escola, un traballador incansable deixabanos para sempre orfos da súa compaña.

Este home de 48 anos foi e será a alma mater do Rally da Ribeira Sacra, el foi un dos primeiros que nos puxo no mapa co seu traballo e dedicación. Todo por e para acusar, a súa testa non paraba de ter ideas  e proyectos para a súa terra e sempre contou para ello cosa seus amigos máis achegados.

Agora foise, ainda que desde alí seguirá acusando, deso estou seguro.

Gostariame pedir que o vindeiro Rally da Ribeira Sacra (espero que siga) pase a chamarse Rally Ribeira Sacra-Memorial Roberto Soto, coido que é de xustiza.

Amigo Roberto, a xente boa non morreu nunca, a xente boa coma ti vive sempre nos corazons da xente que te quere e dos amigos de verdade.

Agora seguirás loitando noutro lar, a carón de teu pai e teu irman e de de ahí darasnos folgos a todos para que o teu legado non se esquezas, amigo, agora toca descansar.

Aquí sempre estarás connosco, en nós e no teu Concello sempre serás presente.

Deica amigo.