Oímbra pide protección para o Castro das Laxes

A nova directiva de As Chas tamén amosou, por outra parte, a súa preocupación polo "expolio" que están a sufrir estes vestixios

A nova directiva da Xunta de Montes das Chas, en Oímbra, mantivo un primeiro encontro coa rexedora local, Ana María Villarino, co obxectivo de presentarse e tratar asuntos de especial interese para o pobo de As Chas, entre outros, o estado actual e as posibilidades de mellorar os distintos camiños. 

Un dos puntos máis importantes desta xuntanza foi o relacionado co xacemento de Lobarzán, para o que se pediu respeto ao topónimo singular de Castro das Laxes das Chas. Neste senso, a agrupación solicitoulle o mesmo á Universidade de Vigo, dende onde se están a promover os traballos de limpeza e catalogación. 

A nova directiva de As Chas tamén amosou, por outra parte, a súa preocupación polo "expolio" que están a sufrir estes vestixios,  e pediron medidas de protección. A alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, pediu "concienciación" neste punto xa que "sacar estes restos do seu sitio pode descontextualizar toda a súa historia". No encontro falouse de incrementar a vixilancia no entorno. Precisamente, os últimos achados atópanse custodiados no Centro Social de As Chas para evitar, precisamente, novos expolios.

Te puede interesar