monterrei

Oímbra vai promover clases de baile durante o periodo estival

Os obradoiros comezarán a partir do vindeiro 1 de xullo e celebraranse todos os luns e mércores do periodo estival na carballeira do Concello

O Concello de Oímbra promoverá ao longo deste verán e de forma totalmente gratuíta, clases de baile. Os obradoiros comezarán a partir do vindeiro 1 de xullo e celebraranse todos os luns e mércores do periodo estival na carballeira do Concello. 

As clases terán unha duración dunha hora e prolongaranse entre as 22,15 horas e as 23,15 horas. As persoas interesadas poderán anotarse presencialmente na propia Casa Consistorial ou ben chamando ao teléfono 988 426 160.

Te puede interesar