Oitenta nenos de O Carballiño gozarán dun campamento de verán gratis

A Concellería de Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüistica do Concello do Carballiño, que dirixe a concelleira Guadalupe Sobrado, finanza un campamento de verán para un total de 80 participantes, impartido pola

empresa Mais Escola XXI. É un servizo de balde, dirixido a nenos empadronados no concello de entre 4 e 12 anos no que se ofertan diferentes actividades que permitan aproveitar o tempo de lecer dunha forma educativa, divertida e saudable.

Habilitaranse dúas quendas; a primeira, dende o 20 de xullo ao 7 de agosto, e unha segunda dende o 10 de agosto ata o 28 do mesmo mes. Os interesados deberán recoller a folla de inscrición nos Servizos Sociais e presentala no Rexistro municipal ou na sede electrónica do concello a partir do próximo 14 de xullo e con data límite do 16 de xullo. A asignación de prazas será por rigorosa orde de entrada en dito Rexistro. Para máis información, no teléfono 988 531 076.

Te puede interesar