Opinión

Orgullo cultural do propio?

Camiño pola Auria cara o centro e encóntrome cun músico da hoxe desaparecida  banda municipal e, despois do saúdo,  falamos do concurso da banda que quedou de novo  deserto por non ter solvencia económica, cuestión que ven dada por non ter feito actuacións no periodo de tempo que case chega a dous anos. Sigo cara a rúa do Paseo e atópome cun político local que me dí, entre outras cousas,  que se alegra de que non haxa banda, pois os gastos para divertirse deben ser costeados pola xente que quere ver  e disfrutar dun espectáculo. E dime, nós, referíndose o seu grupo, somos partidarios de que hai que preguntarlle á xente se quere ou non banda e dicirlle o que costa. Dígolle que estou en total desacordo e  non entro no debate. Logo, camiño matinando na situación na que culturalmente está quedando a  nosa cidade. E axiña  fágome varias preguntas. A primeira é a referida ó populismo instalado  na política  que responde sempre coa mesma letanía: hai que preguntarlle á xente para tomar determinacións de goberno. E digo eu, se para todo hai que preguntar e facer consultas ós cidadáns,  para que queremos ós políticos? Chegaría con ter unhas máquinas para as consultas  e uns funcionarios eficaces.A segunda cuestión esta referida a depreciación do que significa  a verba cultura. Pois a día de hoxe a cultura está confundida  coa disversión e  a

 estandarización de modelos impostos que  desprecián as formas, tradicións e vida locais. Vamos, formas que convirten ós cidadáns en masa uniforme sen personalidade.

A terceira pregunta que me fago estaría referida á paupérrima idea de que todo funciona polo principio  de rendabilidade económica. Tema que nos pode levar a entender que moitos servizos públicos adicados á cultura habería que pechalos. Pensemos nas bibliotecas, museos, centros culturais, orquestas sinfónicas, compañías teatrais e un longo etc.A cuarta estaría referida a un principio de orgullo do propio. Orgullo de ter un concello que non contrata a unha charanga, por ser máis barata, para un acto institucional,

unha representación ou intercambio con outra institución pública. 
Pode parecer que estas preguntas que me fago son para xustificar a necesidade de tal ou cal agrupación musical. Non. Esta reflexión lévame a pensar na perda de peso e persoalidade da nosa Auria, como cidade  considerada hai anos   a Atenas Galega. E conclúo que a cultura  de seu camiña cara a súa desaparición.  Polo  que os concelleiros que se din de cultura non son pouco máis que axentes de contratación do que no momento se escoita máis ou está de moda a nivel de Estado. 
Como consecuencia de todo o anterior, a pregunta está servida: cal debe ser o obxectivo dos responsables culturais da cidade?  facer de axentes de contratación ou tentar que nela haxa un tecido cultural estable que lle dea personalidade  e sexa un activo co que haxa que contar?

Vivimos tempos nos que case todo está en revisión. Vivimos tempos no que pouco se valora o que temos;  ben porque non se sabe, non se entende  ou non se quere. E musicalmente falando en Ourense nunca houbo unha banda de música  mellor ca que tiñamos recentemente. 

Sinto que, non sei si polo medo ós meigallos ou de que a corporación está a pasar por un declive total,  a única agrupación  de calidade que tiña  Ourense perdeuse.
Tomen notas os predicadores que todo ían a rranxar ó chegar o Concello. Pois nas outras cidades galegas coidan e miman as súas agrupacións musicais e síntense orgullosos de telas. Pensemos que en Coruña, Vigo, Santiago, e concellos máis pequenos co noso, como Lalín e outros, ademais de bandas,  hai orquestas de  corda de calidade. E seguro que non son rendibles economicamente. Pero ises concellos e institucións están orgullosas de  manter vivo un signo de distición cultural. En fin, en  Ourense, como sempre, na cola de todo.

Te puede interesar