axenda

Os recordos de Abrente

Algunhas das obras que se poden ver no Etnolóxico de Ribadavia
photo_camera Algunhas das obras que se poden ver no Etnolóxico de Ribadavia
Esta tarde inaugúrase no Museo Etnolóxico de Ribadavia unha mostra que ensinará a importancia do arte galego na programación cultural da asociación Abrente. 

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle a partir de este venres unha mostra que sen dúbida traerá moitos recordos aos veciños da vila. Esta tarde preséntase a "Colección Abrente. Arte galega no desafía cultural dos 70", unha exposición que coincide cos 50 anos da s fundación da agrupación e na que durante un ano exhibiránse "59 obras de 30 artistas".   

A comisaria da mostra, Sabela Fraga Costas, afirma que os asistentes atoparánse coa "historia da colaboración durante a década dos 70 da Agrupación Cultural Abrente cos artistas más comprometidos coa loita antifranquista e coa vontade de que a arte galega se mantivera nos anos finais da ditadura". 

Fraga Costas afirma que a colección Abrente é "moi diversa" xa que afirma "é froito da solidaridade das artistas que doaban as súas obras. Non hai unha liña de estilo que defina a mostra", explica .

A comisaria sinala que o que se quere ensinar con esta colección é que a vida de Abrente vai moito máis alá da Mostra de Teatro Galego" xa que a programación cultural nos 14 anos de vida foi "incríbel. Para entender mellor a colección, que conta cun "apoio visual e histórico moi importante", na sala haberá unha liña de vida que Fraga define como "impactante"xa que mostra "o papel que xogou a arte galega na Agrupación".  

Lugar: Museo Etnolóxico de Ribadavia.  

Hora: ás 20,30 horas.

Te puede interesar