O OurenRock Xs encheu Ribadavia de son galego

ourenrock_xs
photo_camera Fotos: Andrés Cachalvite
Xoel López, SES e Os Amigos dos Músicos foron os encargados de devolver a unha relativa normalidade ó panorama musical nunha tardiña de calor, que non impediu que as bancadas do auditorio estivesen cheas.

Non son tempos sinxelos para a música e aínda menos para os festivais, balón de osíxeno para o gremio e aos que tanta xente se sumou nos últimos tempos. Por iso ten especial valor a tardiña do pasado domingo no Auditorio de Ribadavia. O OurenRock Xs reuniu nun lugar idílico (co solano de fronte a primeira hora) a tres artistas de primeiro nivel. Os Amigos dos Músicos, SES e Xoel López encargáronse de facer esquecer o mal trago da pandemia e comprender, que sentados e con distanzamento pódese desfrutar da cultura e a música (aínda que hai xente que non comprende que non se debe falar nas actuacións).

mg_4211_resultado

E que non houbo un só momento de aburrimento nas bancadas do auditorio grazas a puntualidade británica da organización (algo de agradecer). 'Os Amigos dos Músicos' foron os encargados de abrir o festival e conectaron dende o primeiro segundo cun público que lentamente foi ocupando os seus lugares. Temas novos e outros fácilmente reconocibles da banda ourensá, que recordou os seus inicios na sala Son da vila da comarca do Ribeiro.

'Fóra do meu control' ou 'Pavillón dos Remedios', foron algúns dos temas que fixeron cantar ó público, antes de deixar paso a sempre espectacular Sés, da que se mostraron admiradores.


SES e Xoel López


A forza da artista coruñesa vai máis lonxe dos seus temas. SES é sentimento e paixón polo seu ideario, ese que traslada as súas cancións, tan fermosas como punzantes. A súa expresividade sobre o escenario de Ribadavia a pesares de realizar o seu concerto sentada no seu maior tempo está fora de calquera dúbida. As súas conversas co público e a súa inconfundible risa fixeron que a hora que estivo sobre os escenario fose curta. "Tocaría unha hora máis como Manu Chao", destacou antes de dar paso a Xoel López.

Cabeza de cartaz e sobriedade. O coruñés, menos falador que os seus demáis, deu boa conta dos seus éxitos, que foron cantados por todos, sen excepción. Case coma himnos soaron 'Hombre de ninguna parte', 'Tierra' ou 'Jaguar' e o tema con Ede foi unha das agradables sorpresas da morna noite do Ribeiro.

mg_4820_resultado

Todo cun compoñente solidario, xa que o importe dos tickets foi doado íntegramente a Cruz Vermella. Unha tardiña diferente pero a música segue viva.

Te puede interesar