Música

Cristina Pato exhibe o seu talento musical en Georgetown

cristinapato-yoyoma-georgetown
photo_camera Yo-Yo Ma y Cristina Pato, durante su actuación en la gala.
No acto celebrado na Universidade  estivo tamén presente Bill Clinton

A Walsh School of Foreign Service da Universidade de Georgetown celebrou esta fin de semana o seu centenario en Washington. Cristina Pato participou nos actos de aniversario dunha das escolas máis prestixiosas en asuntos internacionais.

A artista ourensá subiu ao escenario para tocar o piano acompañada do cellista Yo-Yo Ma e de Sandeep Das, ambos membros de The Silk Road Ensemble. Xuntos interpretaron "Quaerter for the End of Time", composto por Oliver Messiaen no 1941 sendo prisioneiro de guerra. Como non podía ser doutra forma, Cristina Pato pechou o seu paso por Washington cunha actuación coa gaita.

Os intérptetes mantiveron unha conversa con Lulú García, recoñecida xornalista nos Estados Unidos, sobre como a cultura une a todas as persoas. 

Pero Pato non foi a única en intervir nesta celebración. Madeleine Albright, ex secretaria de Estado no país americano, presentou a Bill Clinton, que se encargou de pechar os actos co seu discurso.

Pato atópase neste curso académico 2019-2020 ocupando a Cátedra Juan Carlos I de Cultura e Civilización Española dentro da Universidade de Nova York. A súa actividade céntraa na invisibilidade dos inmigrantes e das culturas minorizadas en España, en concreto da música do norte do país como a galega.

Te puede interesar