Imprimir

Ourense en Común apoiará a En Marea nas xerais do 20-D

Redacción | 26 de noviembre de 2015

Ourense en Común defende a "recuperación de todas as institucións para poñelas novamente ó servizo da cidadanía".

O grupo municipal Ourense en Común aprobou cun referendo asambleario apoiar á candidatura En Marea para as eleccións xerais do próximo 20 de decembro, por considerala "a única opción que pode dar continuidade ao proceso de renovación democrática nas institucións, iniciado nos comicios municipais do 24 de maio".

Na mesma asamblea, decidiron apoiar ás listas para as candidaturas de En Marea ao parlamento e ao senado pola provincia de Ourense, recoñecendo a súa "pluralidade" integrando nas mesmas "a persoas moi valiosas e activas, como David Bruzos".

Ourense en Común defende a "recuperación de todas as institucións para poñelas novamente ó servizo da cidadanía".

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/ourense/ourense-comun-apoiara-marea-nas-xerais-do-20-d/20151126074707584221.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons