HOMENAXE

Ourense lembra a Xocas, figura imprescindible do galeguismo

Clodio González, María Xosé Fernández, Rosendo Fernández, Miguel Santalices, Justo Beramendi, Anxo M. Lorenzo, Afonso Monxardín y Xosé Carlos González. (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Clodio González, María Xosé Fernández, Rosendo Fernández, Miguel Santalices, Justo Beramendi, Anxo M. Lorenzo, Afonso Monxardín y Xosé Carlos González (ÓSCAR PINAL).
Un acto na casa familiar e unha mesa redonda homenaxearon ao intelectual no seu 30 cabodano

Xaquín Lorenzo "Xocas" (1907-1989) foi homenaxeado onte con diversos actos pola conmemoración do seu 30 cabodano, que serviron para lembrar a figura imprescindible deste intelectual ourensán.  Pola mañá descubriuse unha placa conmemorativa dna súa casa familiar de Facós, en Lobeira, e pola tarde celebrouse unha mesa redonda baixo o nome "Xocas, no ronsel da Xeración Nós xa". 

No acto de Lobeira participaron o presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, o alcalde de Lobeira, Antonio Iglesias ou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández.A xornada de homenaxe a Xocas arrancou en Lobeira, na casa familiar do intelectual galeguista.

Santalices destacou  que "Galicia enteira está en débeda con moitos dos nosos devanceiros, moi particularmente con todos os galeguistas históricos, e dentro destes, cos protagonistas da Xeración Nós, que tivo o seu epicentro en Ourense, e a Xaquín Lorenzo, Xocas, como un dos seus integrantes seroidos". No acto recordou os vínculos de Xocas coa localidade: "En Lobeira, Xocas observaría a decadencia dun mundo campesiño  xa daquela en transformación, e que él se apresurou a estudar a partir dunha capacidade innata para a observación, a descrición e a análise", afirmou Santalices.

Nesa vivenda familiar foi na que Xaquín Lorenzo elaborou a súa primeira maqueta dun carro de bois cunhas táboas vellas. Ese traballo, unha vez rematado, foi o que o levou a ingresar no Instituto de Estudos Galegos. Polo tanto, Lobeira foi o lugar no que Xocas comezou os seus traballos etnográficos "recollendo cantigas, costumes e tantos outros elementos que conforman a nosa cultura e, con ela, a nosa identidade como galegos", apuntou Santalices.

Pola tarde, a antiga biblioteca da Deputación acolleu o debate na que participaron, ademáis de Santalices e Rosendo Fernández, o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, e os expertos Clodio González, Alfonso V. Monxardín, María Xosé Fernández e Xosé Carlos Sierra. En opinión do presidente do Parlamento, "Xocas foi un home íntegro e comprometido que consagrou a súa vida á nosa xente e ao universo vital que nos modela como galegos".

Te puede interesar