ENTREVISTA

Pablo Nogueira: “O libro transmite o valor do respecto á diversidade e á igualdade de xénero"

Dibujo
photo_camera Pablo Nogueira Campo.

Pablo Nogueira presenta este venres o seu segundo libro na Feira do Libro de Ourense, ás 18,00 horas

É un conto infantil titulado "A Banda de Raimunda", que pretende transmitir o respecto á diversidade e a igualdade.

De que trata este libro?

É a historia dunha ra que quere formar un grupo de rock, cantar e tocar a guitarra, pero non sabe facelo, pero ao final con outros animais consigueo e forma unha banda. O conto ten tamén exercicios ao pé de páxina de estimulación da linguaxe.

Que intenta transmitir aos nenos?

O valor das diferencias, do respecto á diversidade e á igualdade, de superación das barreiras de xénero, e que todos podemos facer as mesmas cousas.

A que idades vai dirixido?

Desde os 3 aos 8 anos. Cando aínda non saben ler son os pais e en Educación Infantil onde os inician á lectura.

Ten pensado en escribir para adultos?

De momento non, pero no futuro é posible. Aprobei unha oposición fai dous anos para ser mestre e agora teño máis tempo libre para ler e escribir. Algún día fareino para os adultos.

Tivo boa acollida a súa primeira publicación?

Si tivo moi boa acollida e estou moi agradecido. Na librería Escolma do Carballiño foi o libro máis vendido do 2018, algo que non me imaxinaría. Tamén me chaman para ler e firmar exemplares en moitos colexios.

Por que elexiu escribir contos?

Os contos son material para a miña práctica educativa. Son para a estimulación da linguaxe, a comprensión lectora e a transmisión de valores como o respecto a diversidade e a igualdade, por iso teñen un carácter didáctico ou pedagóxico.

Está suficientemente valorada a literatura infantil?

No contexto escolar e académico si porque hai actividades de fomento da lectura pero a nivel social, as institucións deberían implicarse máis coas bibliotecas e respaldar a literatura infantil.

Te puede interesar