INNOVACIÓN

Pastoreo tradicional controlado por GPS nos montes de Allariz

Os burros da comunidade de San Salvador dos Penedos serán  dotados cun GPS, o que permitirá ampliar as súas áreas de pastoreo

O Concello de Allariz e a Asociación Andrea presentarán mañá un proxecto que mestura  o pastoreo tradicional, limpando espazos singulares no marco da Reserva da Biosfera, coas novas tecnoloxías. Os burros da comunidade de San Salvador dos Penedos serán  dotados cun GPS, o que permitirá ampliar as súas áreas de pastoreo e o monitoreo dos animais, de xeito que se poidan controlar o punto no que se atopan, reforzando o obxectivo de manter o monte limpo e limitar a incidencia dos lumes.

Te puede interesar