DEPORTE LOCAL

A patinaxe artística adquire protagonismo en Ourense este sábado

O Pavillón do Campus Universitario acollerá o sábado á mañá a Copa Deputación e pola tarde terá lugar a Gala de Campións no Paco Paz. 

Ourense vivirá unha xornada adicada á patinaxe artística coa celebración o próximo sábado coa celebración da Copa Deputación no Pavillón do Campus Universitario e coa Gala de campións que terá lugar no Pazo dos Deportes Paco Paz na que haberá unha exhibición dos mellores patinadores artísticos a nivel nacional e internacional. 

A Copa Deputación terá lugar de 10:30 a 13:30 horas no Pavillón do Campus Universitario que terá como participantes aos rapaces dos clubes da cidade, o Club Fénix e o Club Deportivo Ourela. En total serán preto de 60 patinadores e patinadores, os que participen nesta xornada. 

Te puede interesar