Carballiño

O pobo do Reino ganará en seguridade na estrada

A OU-154 é a princial vía do núcleo de O Reino, en Piñor.
photo_camera A OU-154 é a princial vía do núcleo de O Reino, en Piñor.
O proxecto contempla novas beirarrúas, luminarias e sinalización

A travesía principal da localidade do Reino, no municipio de Piñor, será sometida a unha reforma integral mediante a que se mellorará a seguridade para condutores e peóns. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou onte na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a licitación das obras da estrada OU-154. As empresas interesadas na realización destas actuacións poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 11 de novembro.

A Xunta achega un investimento de preto de 160.000 euros, que inclúe a reposición de servizos, para acometer o acondicionamento desta vía autonómica. Os traballos comezarán no primeiro trimestre do vindeiro ano e disporán dun prazo de execución duns tres meses.

A intervención consistirá na adecuación da estrada OU-154, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1+741 e 2+025, concretamente desde o Camiño de Santiago ata o cruce coa N-525, co obxectivo de incrementar a seguridade viaria na contorna.

Esta actuación contemplará a remodelación dos espazos para protexer a circulación dos peóns  coa dotación dunha nova beirarrúa que sustituirá a existente moi deteriorada e ao longo de aproximadamente 700 metros. Tamén se instalará nova sinalización e redutores físicos de velocidade coa habilitación dun paso elevado, que tamén servirá aos peóns para cruzar a calzada. Ademais, se levará a cabo a rehabilitación do firme, así como a substitución das redes de servizo aéreas de alumeado e de teléfono por unha canalización soterrada, e a instalación de luminarias led.

Te puede interesar