Política local

Podemos pide pasos peoniles nos túneles da rúa Irixo e en Corzos

O túnel da carretera de O Irixo.
photo_camera O túnel da carretera de O Irixo.
"Son moitos os veciños da contorna que para achegarse ata o centro urbano do Carballiño teñen que pasar pola rúa do Irixo", sinalan

O Círculo de Podemos no Carballiño solicitou ao Concello do Carballiño que propoña a Adif a construción dun túnel peonil na ponte ferroviaria que atravesa a rúa do Irixo e que se acondicione dita rúa dotándoa de beirarrúas en ditos tramos para o acceso ao túnel. Ademais, que o grupo de goberno do Concello de O Carballiño se dirixa ao Concello de Maside para que faga a mesma proposta a Adif con respecto á ponte ferroviaria que atravesa o Camiño Corzos e se dote tamén de beirarrúas dito camiño.

"Son moitos os veciños da contorna que para achegarse ata o centro urbano do Carballiño teñen que pasar pola rúa do Irixo, expóndose innecesariamente a sufrir un accidente debido a escasa anchura da vía ao pasar por debaixo da ponte", sinala. Esta situación tamén acontece na ponte que pasa polo Camiño Corzos, segundo matiza, asegurando que está moi concorrida por veciños da vila para acceder as vivendas situadas en Corzos e ao centro deportivo da mesma contorna.

Te puede interesar