Reportaxe

Polos cen de Luís, aínda sen Luís

dgf
photo_camera Arriba, o segundo pola dereita, Luís Taboada, celebrando os 81. Abaixo, o seu círculo máis íntimo hai uns días.

Os amigos do galeguista e mestre ourensán Luis Taboada reúnense cada ano para celebrar o aniversario deste home, que finou en 2010

Quizais si que viña a conto o que os amigos do galeguista Luís Taboada non calaron no momento no que lle ían dar o último adeus. "Deberíamos seguir reuníndonos coma sempre, celebrando o seu aniversario, desta vez sen el", dixo unha desas amizades para romper o xeo. Os íntimos deste ourensán que o acompañaban na despedida da vida aos 92 anos, dixeron que si. Hoxe celebran os 100 anos dun mestre e político sen pelos na lingua para denunciar o franquismo.

"A el nunca lle gustaron as macrofestas, pero sempre celebrabamos o seu aniversario. Estos días tería 100 anos", conta Delia Rodríguez, do grupo de amigos que se seguen reunindo cada ano.

"Era un home moi afable, un pozo sin fondo de sabiduría", contan deste home que naceu na rúa Coruña da cidade e que se afiliou ás Mocedades Galeguistas.

Taboada falaba da Guerra Civil e dos nomes das rúas da cidade que aínda mantiñan gravada esa parte da nosa historia máis recente. A "Historia" tamén o detivo varias veces, coa sublevación do 18 de xullo de 1936. Primeiro, por ser fillo de viúva. Máis tarde, por manifestarse.

Os amigos de Taboada sinalan o "don da palabra" que tiña, sumado á "retranca galega" da que facía gala, na escrita e falando.

Ata 1975 foi mestre en Bouzas, profesión que amou ata o final dos seus días. "Ensinou o amor por Galicia e os galegos", recordaba un dos seus alumnos. Seu pai esperara a que se inaugurase o Centro laico para matriculalo.


Medalla de Ouro


Militou no Partido Galeguista e no Partido Galeguista Demócrata. O partido deulle a Medalla de Ouro ao Mérito. "Defendía os seus ideais, pero sen ser extremista", din deste histórico do galeguismo. Colaborou en "Espartaco", o xornal semanal que se editou na imprenta de La Región durante 1935 y 1936, tras non superar a censura.

"Tentaran matar o galego e non puideron coa súa vida que era a lingua. Así foron 92 anos de vida e déixanos unha herdanza que fará falla que sigamos loitando por ela", recordaba en La Región José Luis Fernández Díaz. 

Te puede interesar