Imprimir

A ponta das Letras Galegas

Arturo Lezcano |

Arturo Lezcano | 22 de mayo de 2018

Érgome, na mañá do 17, e bótolle  unha ollada á primeira de La Región e outros xornáis, coas matracas cotiás de toda a imprensa. De primeiro non me prodecato -como diría Blanco Amor- de que ven todo en galego.

Pois, pétome na frente: Se é a “Ponte” das Letras Galegas.

Todo, agás a hostelería, está todo pechado.

Até as livrarías!

Unha boa parte dos nacidos na Galiza marchan  en carro,  “tour” adiante mesmo ás Rías Baixas e Altas, a capital Compostela, a Ribeira Sacra, as termas e balnearios…

Xa se sabe que “se pode ser tan galego tan galego, que só se fale castellano”.

Ou se facer voluntariamente galega, como a María Victoria Moreno, da Extremadura da Espanha.

Isto das académicas Letras Galegas está ben, coa fin de exhumar a algunha persoa decoñecida ou, por o decir con segundas, “esquecida”.

Por exemplo: Carvalho Calero, magoantemente preterido ano tras ano; Antón Tovar, o grande poeta do Non; Antón Risco, teórico da literatura e sobresaínte escritor, amáis de catedrático de Université Laval, de Québec, e vencellado ás tres galegas, de quen neste 2018 cúmprese o 20 cabodano do seu paramento frente ao mar de Vigo; e algúns, non moitos, máis.

Despois de cinco meses parece que comezou o ano de María Victoria Moreno, que xa nos tardaba, e da que é inadiabel difundir a sua obra.

Mestra de vocación, ledicia dos contos para nenos, mais, sobre todo, poeta esencial, fonda, de raia en raia do tempo até a derradeira.

Desde agora, morta vivente.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/opinion/arturo-lezcano/ponta-das-letras-galegas/20180522091145794915.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons