DEPORTE

Ponte en Forma garante un adestramento completo e persoal en Vigo

UIUIUIIUUII

Dirixido á comunidade universitaria, o programa ofrece un seguimento técnico e médico

A Área de Benestar, Saúde e Deporte oferta con éxito o programa Ponte en Forma nos tres campus da Universidade de Vigo, destinado á comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS). Trátase dun programa personalizado con acceso a un plan cuadrimestral de exercicio físico en función do estado físico actual do usuario e usuaria e dos obxectivos das persoas adheridas ao plan. En definitiva, trátase dun programa moi completo e persoal de adestramento. 

Ponte en Forma vai especialmente dirixido a persoas sen experiencia previa no fitness ou na actividade física que desexan iniciarse no exercicio físico ou persoas con algún tipo de patoloxía ou enfermidade que precise dun asesoramento técnico para realizar a súa práctica deportiva.

Durante o desenvolvemento deste programa, a persoa usuaria contará cun seguimento técnico e médico que lle permitirá ir adaptando o seu programa de exercicio aos progresos que vaia acadando. O seguiment consiste en dúas revisións médico-deportivas totalmente gratuítas, unha inicial para coñecer o punto de partida da persoa usuaria, esto é a historia clínica, exploración física e ortopédica, podoscopia, medición de tensión arterial, electrocardiograma, espirometría e contro antropométrico; e unha segunda revisión para avaliar o progreso acadado neste período.  

CRÉDITOS
Outra das características do programa Ponte en Forma é a posibilidade de obter 2 créditos de libre elección ou 1 crédito ECTS no caso de cumprir cos criterios establecidos de asistencia (esto é 30 sesións de adestramento na sala cardio-fitness e dúas revisións médicas) e de aprendizaxe.

Todos os que queiran participar neste segundo cuadrimestre no programa Ponte en Forma están a tempo de facelo xa que por un prezo de soamente 60 euros contarán con todas as vantaxes anteriormente citadas. Tamén se pode optar á modalidade anual, por 110 euros. A inscrición para ambos casos faise dende Deporxest dun xeito rápido e sinxelo.  Entre as persoas usuarias do primeiro cuadrimestre e os novos matriculados, neste momento contan cunhas 30 persoas que xa se están a beneficiar deste completo programa de adestramento persoal. Un 50% das persoas inscritas corresponden a alumnado e o outro 50% a persoal da Universidade de Vigo. 

Te puede interesar
Más en Universitas