Cultura

O Potiños ofrece unha exposición fotográfica de Moncho Fuentes

A mostra abrirase durante as fins de semana os venres, sábados e domingos, de 18,00 a 20,30

A Asociación Fotográfica O Potiños de Carballiño reabriu o pasado día 5 de este mes de novembro a mostra do fotógrafo carballiñés Moncho Fuentes, na sala de exposicións do Auditorio municipal Manuel María.

Esta exposición, enmarcada dentro do Arenteiro Fotográfico 2020, quedou interrumpida o pasado mes de outubro debido ás restricións polo coronavirus.

A mostra abrirase durante as fins de semana os venres, sábados e domingos, de 18,00 a 20,30

horas, segundo indican os responsables da entidade organizadora, que tamén recordan que no transcurso das visitas á exposición gardaranse todas as medidas de limitación de aforo, uso de máscara e lavado de mans con xel hidroalcólico.  A Asociación O Potiños invita aos carballiñeses a ver esta mostra coa que o fotógrafo local logra sorprender ao público.

Te puede interesar