POLÍTICA

O PP de Carballiño acusa a Fumega de mentir aos veciños cando afirma que rebaixa o IBI

Os "populares" afirman que aínda non se levou ao pleno para a súa aprobación definitiva

O Partido Popular do Carballiño recorda á cidadanía que o alcalde, Francisco Fumega, "non ten rebaixado o IBI o 20%, aínda que pretende facer como se xa estivese rebaixado", en engade que "leva enganando aos veciños dende principios do ano 2018 de rebaixas sucesivas do IBI, pero a realidade é que a oito días das eleccións municipais non ten cumprido, aínda que a quen lle pregunta, lle di que a rebaixa do 20% e un feito consumado".

O PP insiste en que a rebaixa non está aprobada "pois non se tratou en pleno unha alegación presentada polo grupo popular dende xaneiro do 2019".

Segundo apuntan os "populares" o 11 de decembro do pasado ano aprobouse incialmente a modificación do IBI, que xa non tería efecto ata o ano 2020, pois non podería estar en aplicación no ano 2019, por tramitarse tarde.

Naquel pleno, pola falta dun concelleiro da oposición, e gracias a que o grupo de goberno aínda estaba con oito concelleiros," xa que aínda non tiña roto", matizan, sacóu adiante a aprobación inicial deste expediente, "pese a que todos os grupos políticos con representación na oposición, argumentamos que non era o momento de facelo, pois esto debería de ser tratado a finais do ano 2019, xa polo novo goberno saínte das eleccións muncipais, e debería de ir acompañado xa do orzamento do ano 2020, no que se aprecie a baixa dos 474.000 euros en ingresos, e si fose preciso cun plan de axuste económico que o avale". 

Decíaselle igualmente dende a oposición ao alcalde, segundo matiza o PP, que esta rebaixa era electoralista , e dábase argumentos nos que se demostraba que en ningún momento tivo intención de facer esta rebaixa impositiva".Nese sentido, o grupo municipal do PP presentou unha alegación en tempo e forma, o 30 de xaneiro do ano 2019, onde se solicitaba que, de ser posible, se aceptase unha enmenda á totalidade, por ser unha modificación atemporal xa que non se podía aplicar no ano 2019 e "entendíamos necesario un plan financieiro que o avale". Tamén, que de non ser posible a retirada da modificación, se paralice a súa aprobación definitiva, ata que se presente un plan económico. 

"A data de hoxe, casi seis meses despois de ter aprobado incialmente o expediente, resulta que a súa aprobación definitiva ou rechazo polo pleno, aínda non foi tratada, e todo indica que deberá pechar o expediente a nova corporación", matiza o Partido Popular.

Te puede interesar