O PP limiao pide máis recursos para asociacións

Queren evitar que se suban as cotas que teñen que pagar os asociados anualmente

O Partido Popular de Xinzo rexistrou unha nova moción para que poida ser tratada no vindeiro pleno que se celebre na capital antelana. Neste caso, solicitan un incremento de fondos para que as distintas asociacións sen ánimo de lucro poidan seguir prestando servizo na vila sen que os socios teñan que pagar máis nas súas cuotas. 

Os populares defenden que as asociacións sen ánimo de lucro de Xinzo, as actividades ofertadas polas distintas concellerías ou os centros de ensino "cumpren cun importante labor dentro da nosa veciñanza, poñendo ao noso Concello na cabeza da oferta para todas as idades pero, sobretodo, para o público infantil e xuvenil".

Solicitará no vindeiro pleno que se incremente a partida orzamentaria no 2020 para respaldar a estes grupos

Por outra banda, recordan que hai tempo que a administración local colabora aportando instalacións, persoal laboral, subvencións nominativas ou facilitando as viaxes en bus dos menores de idade. Unha axuda que, din,  "permite que ditas actividades teñan o menor custo posible para as persoas que participan nelas, xa que se trata de iniciativas que, na maioría dos casos, aparte da mellora da calidade de vida das nosas veciñas e veciños, levan o nome de Xinzo de Limia alén das nosas fronteiras". 

Por todo o anterior, o grupo municipal popular, agora na oposición, solicitará que nos presupostos do ano 2020 se aumente a partida económica para poder ofertar subvencións ás entidades sen ánimo de lucro, sacar a concurso un novo servizo de autobuses para menores, así como instar ás distintas administracións provincial, autonómica e estatal a incrementar o apoio a todas estas iniciativas desenvolvidas no eido rural e ás diferentes asociacións do entorno.

Te puede interesar