POLÍTICA LOCAL

O PP solicita que se acondicione un área de lecer en Ribadavia

"Solicitaremos o acondicionamento e posta en valor deste entorno que leva anos abandonado", señala César Fernández

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia presentará unha iniciativa ante o Concello para que se acondicione e poña en valor a área recreativa de Francelos, un espazo que, según os populares, "se atopa nun estado de abandono absoluto". Segundo o voceiro do PP na Corporación, César Fernández, "solicitaremos o acondicionamento e posta en valor deste entorno que leva anos abandonado sen que o goberno municipal se preocupe en facer nada por adecentalo e que, pola súa proximidade ao río, podería ser un bo espazo de lecer estival para a veciñanza de Francelos".

César Fernández afirmou que "non se pode consentir que un espazo coma este teña ese aspecto, con mobiliario destrozado, farolas rotas e con cables colgando, e unha pista polideportiva totalmente inutilizable debido ao esquecemento do goberno municipal". Para o voceiro do grupo popular, "a situación na que se atopa a área recreativa de Francelos é unha proba máis do abandono absoluto ao que o goberno municipal somete ás áreas recreativas e espazos públicos" da vila e das súas parroquias.

Te puede interesar