Entrevista | EcoAgro

“As prácticas actuais fan perigar a rendibilidade dos cultivos de pataca"

OURENSE (FACULTADE DE CIENCIAS). 10/03/2020. OURENSE. Retrato de David Fernández Calviño, investigador en el Campus Universitario de Ourense. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera David Fernández Calviño, investigador en el Campus Universitario de Ourense. (Foto: Óscar Pinal)
David Fernández Calviño é investigador e coordinador do proxecto SoildiverAgro

O proxecto SoildiverAgro fará parada esta tarde -18,00 horas- no Centro Agrogandeiro de Xinzo co obxectivo de iniciar un debate con profesionais do sector do agro e determinar a viabilidade de ensaiar técnicas alternativas de cultivo, así como de tratamento dos mismos, para acadar maiores rendementos económicos e medioambientais. 

¿Cal é o obxectivo das xornadas de discusión que se van a levar a cabo en Xinzo durante o día de hoxe?

No proxecto temos unha serie de propostas de prácticas agrarias que queremos probar para reducir problemas que existen na agricultura e, á súa vez, incrementar a biodiversidade do solo. Tamén queremos probar métodos de cultivo que reduzan enfermidades e o uso de fertilizantes na produción de pataca e de trigo. Temos unhas propostas para facer uns ensaios pero, antes de levalas a cabo, pois queremos amosalas e recoller opinións do sector e colectivos ecoloxistas. 

¿Por que viron a necesidade de implementar outras prácticas agrícolas distintas ás habituais hoxe en día?

Porque as prácticas que se están empregando agora, normalmente, conducen a que, a medio ou longo prazo, existan numerosos problemas que poden facer perigar a rendibilidade do cultivo. Na produción de pataca hai enfermidades moi importantes que fan que, nalgúns casos, a administración teña prohibido sementalas. Nós queremos establecer prácticas de cultivo que favorezan que eses problemas que existen agora vaian desaparecendo. Tamén evaluar económicamente as alternativas propostas. 

¿Como ven a situación neste senso na Comarca da Limia?

Aquí o cultivo estrela é a pataca, pero ten unha serie de problemas e enfermidades importantes que nós queremos mellorar. Pretendemos que os cultivos sexan máis sustentables, rendibles e que non se vexan amenazados. Pensamos que se se siguen facendo as cousas como ata o momento e a incidencia de enfermidades coma o nematodo da pataca segue incrementándose haberá  problemas para cultivar patacas na Limia. Se se fan outras cousas e funcionan, pois ao mellor o cultivo vai a ser máis sustentable dende o punto de vista económico e ambiental. 

¿Por qué é importante coidar a biodiversidade do chan?

Un ecosistema máis diverso adoita ser máis resistente a certos tipos de alteracións que causan problemas na agricultura. 

¿Por onde pasarían as alternativas que propoñen?

Imos a propoñer e evaluar rotacións de cultivo máis longas, así como productos alternativos aos fertilizantes tradicionais ou plantas que actúan como cultivos trampa para reducir as enfermidades. Tamén un sistema de alerta de pragas para reducir o uso de pesticidas. 

¿Será en fincas de ensaio ou con agricultores que se queiran prestar ao proxecto?

En distintas parcelas, ben do Inorde ou ben de agricultores da contorna, imos a probar estas distintas alternativas e a evalualas dende un punto de vista económico, pero tamén medioambiental e para a biodiversidade. A ver se somos capaces de atopar alternativas para que a agricultura na zona sexa máis sustentable e económicamente estable.

¿O ensaio soamente se vai a facer na Limia?

Este en concreto si. 

Te puede interesar