A primeira Ruta das Tapas de 2020 inspírase no mundo do cine

Películas como Blade Runner, Pulp Fiction, Titanic, La dama y el vagabundo ou La fiesta de las salchichas, teñen a súa correspondencia gastronómica nesta ruta

A primeira Ruta das Tapas deste ano 2020 inspírase no mundo do cine coa elaboración de pratos basados en títulos de películas. A ruta , na que participan 16 establecementos da hostalaría carballiñesa, desenvolverase mañá e o próximo venres, 17 de xaneiro.

A presentación tivo lugar na pulpería Plaza e no café bar El Caserío, asistindo o concelleiro de Turismo, Manuel Dacal; a xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares; e

representantes dos establecementos de hostalería integrados nesta iniciativa.

Películas como Blade Runner, Pulp Fiction, Titanic, La dama y el vagabundo ou La fiesta de las salchichas, teñen a súa correspondencia gastronómica nesta ruta que, ademais, sorteará unha viaxe con estancia de fin de semana para dúas persoas nun hotel spa de Sanxenxo.

Manuel Dacal destacou a imaxinación das propostas culinarias que elevan en cada xornada o prestixio desta iniciativa, e que contribúe a dinamizar as tardes dos venres no sector hostaleiro e, en xeral, no Carballiño. Ao mesmo tempo que agradeceu a colaboración da adega Pazo Tizón, do CCA (Centro Comercial Aberto) e dos dezaseis locais hostaleiros integrados nesta ruta.

Noelia Mares recordou que "estamos en tempo de grandes citas cinematográficas mundiais e nacionais, e que, polo tanto, a idea de dedicar esta ruta ao mundo do cine resulta máis que oportuna". Tamén se referiu á App "quedamosdetapas" onde se poden ver as diferentes propostas dos dazaseis locais da ruta.

Te puede interesar