O proceso electoral en Belas Artes péchase sen candidaturas

gal1-1-_result
photo_camera Juan Carlos Meana.

Juan Carlos Meana continua á fronte da facultade como decano en funcións.

Como xa acontecera no proceso electoral aberto en Belas Artes o pasado mes de febreiro, finalmente o profesorado, persoal de administración e servizos e alumnado tampouco votará o 16 de decembro ao seu novo decano ou decana, posto que o prazo para a presentación de candidaturas para este cargo vén de rematar sen que ninguén se postulase para situarse á fronte da dirección do centro. Á espera da decisión que se adopte desde a Reitoría tralo peche oficial do procedemento electoral, Juan Carlos Meana continua á fronte da facultade como decano en funcións.

Aínda que xa exercía en funcións desde xuño de 2010, tralo nomeamento do profesor Ignacio Barcia como vicerreitor de Alumnado, Docencia e Calidade, Meana foi elixido decano en febreiro de 2011, nunha votación na que recibiu 38 votos a favor, dous en contra e un en branco. Desde entón mantívose á fronte dun equipo directivo que completan Paloma Cabello, como responsable de Asuntos Académicos; Fernando Suárez, como vicedecano de Calidade; Silvia García, como vicedecana de Cultura e Relacións Instituiconais, e Ana María Suárez como secretaria.

Te puede interesar
Más en Universitas