xornal escolar

Profundando no traballo editorial

xornal escolar
photo_camera Escolares do Mestre Vide reflexionaron na biblioteca sobre o libro “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”.

A actividade educativa "Encontros co autor" estivo dirixida a escolares de Educación Primaria e comezou coa lectura dun libro por parte do alumnado e o posterior encontro coa autora da publicación

Recentemente, o Liceo de Ourense acolleu unha nova edición da actividade de animación á lectura da Concellería de Educación do Concello de Ourense. Nesta ocasión tratábase da proposta denominada Econtros co autor, dirixida a escolares de 5º e 6º de Educación Primaria de centros educativos da cidade.

A actividade comezou coa dotación, por parte da Concellería dos libros seleccionados para este curso para a súa lectura na aula e o posterior encontro co autor do libro. Nesta ocasión a publicación escollida foi “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, da autora Iria Misa.

Esta actividade ten dous importante obxectivos. Por unha banda poñer en contacto directo aos escolares cos escritores e ilustradores e por outra banda, dar a coñecer e preto o traballo dun escritor e ilustrador. 

Os libros foron entregados aos escolares no mes de decembro e hai unhas semanas e tras a lectura, realizouse o encontro con Iria Misa, momento no que o alumnado tivo a oportunidade de coñecela e conversar con ela sobre a temática do libro e as principais mensaxes que se achegaban coa súa lectura.

No tocante ao resumo argumental do libro, trata da historia de Aine, quen naceu cun corpo aparentemente de nena, pero en realidade séntese neno. Aine conta cun amigo imaxinario chamado Thomas, como xeito de fuxida dunha realidade que o abafa.

Nunha viaxe turística cos seus pais, Aine descobre a figura do músico David Bowie, coa que se identifica de inmediato. Desde entón, Thomas e Aine xogan a disfrazarse de Ziggy Stardust, o personaxe creado por Bowie, e a actuar enriba da cama coma se fose un escenario.

O pai de Aine non comprende ao seu fillo. Pero Fran, a súa nai, pouco a pouco irá reaccionando e aceptando a Aine tal e como é, o que provocará a ruptura co seu home. Tampouco a familia extensa de Aine se amosa moi comprensiva co que ven como unha simple teima dunha nena por verstirse e comportarse como un rapaz. Aine visitará a psicólogos, e sufrirá o rexeitamento de moitos compañeiros de escola, e das súas familias, na escola. Pero finalmente conseguirá realizar o seu soño: vivir de acordo a como sente a súa identidade de xénero e actuar na festa de fin de curso do colexio.


prendizaxe ante a presión social


Ademais da promoción do hábito lector entre os escolares ourensáns, a actividade Encontros co autor ten outros obxectivos como é o traballo en valores. Así, neste libro profundan na transexualidade. Aine é un neno trans que loita por poder mostrarse ao mundo tal e como se sente. Taxornal escolarmén se trata o respecto á diferenza, é o que procura Aine en todo o momento, primeiro en solitario e despois coa complicidade da súa nai.

Destaca tamén David Bowie como exemplo. A figura do músico está moi presente na novela como referente de persoa de éxito malia non encaixar sempre nos canons impostos socialmente, e é usado por Aine para afirmarse nun mundo que non quere aceptalo tal e como é.

Os escolares tiveron que realizar unha serie de actividades antes e despois da lectura. Primeiro tiñan que observar a portada e razoar a partir de ahí sobre que pensaban que trataba o libro. Tamén tiveron que respostar a cal foi o último libro que leron e o que máis lles gustou. 

Tras a lectura, discutiron na clase sobre como a presión social e as súas convencións condicionan a liberdade individual e o dereito á diferenza. Outro dos aspectos que tiñan que respostar tiña que ver con David Bowie, comentar a súa figura e a súa música na clase.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?