A proxección de “María Solinha" obriga a cortar a rúa Aldara

A proxección prevista para hoxe da película "María Solinha", que terá lugar ás 22,30 horas, na Praza Maior de Carballiño, obriga a pechar ao tráfico o tramo da Rúa Aldara entre a Praza do Cercis e a Casa do Concello, debendo seguir a vía alternativa da Rúa Caridade. A proxección realizarase nunha pantalla de grandes dimensións que se montará fronte á fachada do concello, polo que é preciso cortar este tramo da rúa Aldara entre as 18,00 e as 01,00 horas.

Así mesmo, a parte central e inferior da Praza Maior quedarán acotadas para instalar as sillas, que se colocarán a 1,5 metros de distancia cada unha co obxectivo de gardar as medidas de separación previstas na normativa de prevención e seguridade polo covid-19. Será obrigatorio o uso de marcarilla para acceder ao recinto e haberá un dispensador de xel.

Te puede interesar