COLE A COLE

Proxecto documental integral en el CEIP do Xurés

xures4_result
photo_camera Unha serie de melloras están a convertir este colexio nun centro máis moderno e máis funcional

No CEIP do Xurés están inmersos nun plan de innovación educativa co que estudarán e porán en valor os encantos cos que contan no Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés

Dúas importantes novidades marcarán este curso escolar no CEIP do Xurés. Por unha banda as melloras que se están a levar a cabo das dependencias do centro; cunha renovación total en espazos como o patio, o salón de actos, o comedor e tamén coa creación dunha aula de psicomotricidade e multisensorial. Tamén está en proxecto a ampliación da biblioteca durante o curso.  Todas estas melloras converterán ao CEIP do Xurés nun centro moderno e máis funcional. Outra das novidades estase a levar a cabo na metodoloxía de traballo na que se aposta por proxectos como ferramentas educativas do día a día. 

En base a metodoloxía de traballo por proxectos, este curso realizarase o denominado PDI (Proxecto Documental Integral), que responde á súa vez á denominación de XurésNatura, ao atoparse este colexio nun entorno privilexiado no que a natureza paisaxística e patrimonio cultural se refire. Este proxecto, que se inclúe no programa Innovación Educativa que á súa vez se denomina Club das Ciencias, está promovido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dentro das vocacións Stem (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas).

A finalidade do programa PDI é dar a coñecer e por en valor o entorno que rodea a este centro educativo que linda con Portugal, especialmente o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés, xa que se atopan nunha zona privilexiada onde contan con recursos que son precisos dar a coñecer ao alumnado e á súa vez a toda a comunidade educativa. 

En base ao PDI o alumnado deberá investigar en cinco eixos temáticos sobre o Xurés e a súa natureza. Así, deberán situar o Parque Natural, estudar o seu clima, a auga presente no Xurés, como recurso termal e como atractivo turístico, estudar a flora e a fauna e, por último, a xeoloxía.Será así un completo estudo que engloba a toda a comunidade educativa, participarán familias e tamén profesionais externos e contarán coa estreita colaboración do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés. 

Este proxectos estenderase durante todo o curso, deixando o último mes para a presentación do produto final e a súa avaliación. O profesorado está a empregar una metodoloxía que se basea na procura de información no maior grao de autonomía posible, atendendo sempre á idade dos escolares e empregan a experimentación como eixo motivador e enriquecedor das experiencias.  

Ademais deste proxecto tan completo e interesante, no CEIP Do Xurés traballan ao longo do curso en outras moitas propostas como o Proxecto Merendas no Xurés, dentro da liña Aliméntate Ben, do Plan Proxecta. Tamén se realiza o cepillado de dentes despois das comidas dentro deste proxecto como actividade diaria. En Infantil, no primeiro trimestre están a traballar na arte da contorna, AventurarArte, onde achegaron as súas obras ao colexio artistas como Toño Monteiro.

A ANPA do centro colabora moito ofrecendo unha ampla variedade de actividades extraescolares como é o caso da robótica, Fun English, ximnasia acrobática, obradoiros de relaxación.  A Anpa tamén conta cun posto de mercadillo na feira da localidade que se celebra todos os segundos domingos de mes. Neste posto contan con repostería elaborada co alumnado en obradoiros, pulseiras e obxectos de decoración  e recordo, libros de lecturas recomendadas, xabóns artesanais feitos polo alumnado.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar